SanidadeÚltima hora

A Xunta autoriza a contratación das obras de ampliación do CHUO por case 52,6 millóns

Exterior do Hospital Universitario de Ourense./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, informou hoxe na rolda de prensa de Consello da Xunta, da autorización da contratación das obras de ampliación do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense, cun investimento de preto de 52,6 millóns de euros.

En relación aos prazos, Feijóo precisou que a previsión é licitar nos vindeiros días o contrato para a execución das obras, que comezarán a finais deste mesmo ano e terán unha execución de 40 meses. O proxecto, concretou, contará con 3 intervencións: a construción dun novo edificio de hospitalización, a reforma do actual Hospital Materno Infantil e a mellora dos accesos.

O edificio de hospitalización, con 12 andares, destinarase a usos ambulatorios e a hospitalización propiamente dita, para o cal se realizarán unha serie de obras previas e se habilitarán novos núcleos de comunicación.

No caso do Hospital Materno Infantil, realizarase unha actuación integral que permitirá a súa posta en valor. Habilitarase unha área pediátrica con 38 camas, incluíndo 14 habitacións individuais para menores de 2 anos; unha área de neonatoloxía, con UCI pediátrica, zona de urxencias pediátricas e urxencias obstétricas; así como unha área de radioloxía; e 336 camas de hospitalización obstétrica e convencional.

Artigos relacionados

Back to top button