EconomíaEconomíaÚltima hora

A Xunta avalará ata 1.500 euros de anticipo aos traballadores cun ERTE autorizado e que aínda non cobraran a prestación

Así o anunciaba o presidente do goberno galego, indicando que nesta comunidade hai máis de 200.000 traballadores afectados por un expediente de regulación temporal de emprego

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo.

 

A Xunta de Galicia avalará ata 1.500 euros de anticipo aos traballadores cun ERTE autorizado e que aínda non cobraron as prestacións do Goberno central. Así o vén de anunciar o presidente do goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, tras un acordo coas entidades financeiras para que os traballadores poidan solicitar un anticipo das súas prestacións de forma inmediata, de xeito que a Xunta avalará 1.500 euros por traballador, cun tope mensual de 750 euros.

Aseguraba que o executivo galego leva semanas pedindo ao goberno de España que axilice o pago das prestacións aos traballadores a cuxas empresas xa se lles aprobou o seu ERTE, “na Comunidade hai máis de 200.000 traballadores afectados por un expediente de regulación temporal de emprego. Hai miles de familias que aínda non cobraron e necesitan liquidez”, dixo.

O presidente autonómico confirmou que a administración autonómica tramitou 30.000 expedientes, o 90% do total, “e o que imos intentar é cumprir taxativamente os prazos para informar e tramitar os ERTE e adicionalmente anticipar a nómina para facilitar a liquidez das familias”, dixo.

Situación actual do coronavirus

Durante a rolda de prensa para dar conta da actual situación con respecto ao coronavirus, Feijóo aseverou que o número de contaxios, de pacientes en UCI e de persoas hospitalizadas seguen a constatar que estamos nunha fase descendente. E avanzou que na planificación deste novo escenario vai ser fundamental, como xa expuxo o comité clínico, a prevención.

Artigos relacionados

Back to top button