En portadaÚltima hora

A Xunta creará unha Rede de Comercios e Mercados do Camiño

A ela poderán sumarse tanto as asociacións comerciais como as prazas de abastos dos concellos polos que pasan as rutas xacobeas

Establecemento rues situado xunto ao Camiño de Inverno./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

A dinamización comercial do Camiño de Santiago, potenciando as vendas e a visibilización dos comercios e mercados na ruta; mellorar os servizos que reciban os peregrinos; e fidelizar aos clientes, fomentando a relación online cando volvan aos seus lugares de orixe. Con estes obxectivos a Xunta porá en marcha unha Rede de Comercios de Mercados no Camiño.

A ela poderán sumarse de xeito gratuíto tanto os establecementos comerciais como as asociacións de vendedores de prazas de abastos, tal como se informaba tras o Consello da Xunta do 19 de setembro. Ademais, as agrupacións de comerciantes locais poderán solicitar a adhesión en nome dos seus asociados.

“Os establecementos que se adhiran á rede recibirán un paquete de benvida con distintos elementos promocionais para os seus clientes e un distintivo identificativo para o local. Ademais poderán beneficiarse das diferentes actuacións de dinamización que se leven a cabo en forno á rede para apoiar á celebración do Xacobeo 2021, co obxectivo de animar tanto aos peregrinos como aos veciños das vilas e cidades a consumir produtos de proximidade no comercio local”, segundo a Xunta.

O Diario Oficial de Galicia publicará nas vindeiras semanas a orde que regula a Rede e que incluirá tamén unha convocatoria de axudas que poderán chegar ata 2.800 euros por beneficiario para que os comercios adheridos que así o desexen editen coa imaxe da Rede de Comercios e Mercados no Camiño solucións en materia biodegradable de empaquetado exterior, tanto para o seu envío como para a presentación do produto, proteccióin ou para o seu consumo. Tamén poderán obter apoios para a edición personalizada de selos para as credenciais dos peregrinos.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button