SanidadeÚltima hora

A Xunta de Persoal do HCV levántase da mesa nunha reunión coa xerencia da EOXI en protesta pola súa xestión

 

Durante unha reunión que se celebraba nesta mañá de 28 de novembro no Hospital Comarcal Valdeorras coa Xerencia da EOXI de Ourense, Verín e O Barco, a xunta de persoal deste centro sanitario decidía levantarse da mesa e deixar a xuntanza en protesta “pola situación do hospital e de primaria e en solidariedade cos compañeiros de Verín”.

Despois saían ao exterior do HCV e lían un comunido destinado á xerencia ourensá no que manifestaban o seu “total desacordo coa xestión levada a cabo pola dirección desta área sanitaria, que está levando nos casos dos distritos de Verín e do Barco ao seu deterioro e, de seguir por este camiño, á desaparición dos hospitais de referencia de ambos ditritos”.

Dende esta xunta de persoal considérase “especialmente grave” a “supresión do servizo de paritorio e das urxencias pediátricas no Hospitald e Verín, cando ten pensado facer o propio con servizos do HCV?”.

E insisten na “total falta de actuación ante a empresa do servizo de seguridade por impagamento por parte de ésta do salario correspondente aos traballadores de seguridade”. No texto do manifesto amósanse tamén contrarios ao “desmantelamento da Atención Primaria” e apoian “a convocatoria de folga dos médicos de familia e pediatras de Atención Primaria”.

Ademais a Xunta de Persoal anuncia que iniciará “as medidas que consideremos oportunas en defensa dunha sanidade pública digna e de calidade”.

Foto cedida.

Artigos relacionados

Back to top button