CulturaCulturaÚltima hora

A xunta directiva do Instituto de Estudos Valdeorreses renova por dous anos máis

A directiva do IEV./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Na tarde deste venres 8 de abril o Instituto de Estudos Valdeorreses renovaba a súa xunta directiva por dous anos máis. “Seguimos os mesmos coa incorporación da vicesecretaria, Sherezane Núñez Rodríguez”, explica o presidente, Aurelio Blanco Trincado. Completan a directiva Miguel Garrido como vicepresidente, José Antonio Blanco como secretario, Juan Grande como tesoureiro, e Roberto Iglesias, Miguel Ángel Estévez, José Fernández e María Teresa Franco como vogais.

Nas asembleas, tanto a ordinaria como a extraordinaria celebradas hoxe na Casa Grande de Viloira, o IEV tamén aprobaba as contas de 2021 e o orzamento deste 2022; a memoria de actividades do ano pasado; e a incorporación do Instituto á futura Fundación Florencio Delgado Gurriarán, entre outros temas. “Quedou aprobada a autorización para poder incorporarse”, di o presidente, puntualizando que como presidente conta tamén coa aprobación para poder outorgar os documentos que se requiran.

 

A directiva con algúns dos membros do IEV trala asemblea./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Artigos relacionados

Back to top button