CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

A Xunta distribuirá 250.000 mascarillas hixiénicas entre o profesorado galego

A distribución comezará a vindeira semana, co obxectivo de cubrir as necesidades dos docentes ata final de curso

Mascarilla hixiénica.

 

Co obxectivo de “cubrir as necesidades dos docentes ata final de curso”, a Xunta de Galicia vai distribuír dende a vindeira semana un total de 250.000 máscaras hixiénicas reutilizables entre o profesorado galego. Trátase dun envío que se suma ao feito ao inicio de curso e que se poderá complementar con novas achegas en función das solicitudes de aqueles centros que detecten algunha necesidade.

O material, en paquetes de cinco unidades homologadas de 25 lavados cada unha, será distribuído neste inicio do segundo trimestre, segundo informou o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, na reunión do Comité Educativo.

 

o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, na reunión do Comité Educativo.

 

Nesta primeira toma de contacto tras as vacacións de Nadal, o conselleiro expuxo que os datos recollidos durante o período non lectivo de Nadal constatan unha suba dos casos activos que se produciron fóra das aulas e que, polo tanto, “reflicten que os contaxios se producen, sobre todo, fóra do horario lectivo”. Non obstante, sinalou que “estamos ante unha situación crítica no conxunto da sociedade e a comunidade educativa non é allea a esta dinámica”, polo que é necesario “no baixar a garda” e seguir aplicando “coa máxima rigorosidade” todos as medidas e protocolos establecidos. Neste senso, loou o compromiso e a responsabilidade amosada tanto polo profesorado como polo alumnado, as súas familias e o persoal non docente, e que vai seguir continuando neste trimestre.

Artigos relacionados

Back to top button