Publicidade
EconomíaEconomíaÚltima hora

A Xunta e o sector hostaleiro acordan aumentar o aforo dos locais ao 50% a partir da vindeira semana

A intención é que esta medida se aprobe esta fin de semana na próxima xuntanza do Centro de Coordinación Operativa (Cecop) co obxectivo de que os bares, cafeterías ou restaurantes poidan aplicalo a partir do próximo luns 1 de xuño", segundo adianta a administración galega

Publicidade
Terraza dun local de hostalaría./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

Os representantes do sector hostaleiro e a Xunta de Galicia veñen de acordar incrementar o aforo dos establecementos hostaleiros ao 50% a partir da próxima semana. Esta cuestión abordábase hoxe nun encontro virtual entre representantes sectoriais e o conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez. “A intención é que se aprobe esta fin de semana na próxima xuntanza do Centro de Coordinación Operativa (Cecop) co obxectivo de que os bares, cafeterías ou restaurantes poidan aplicalo a partir do próximo luns 1 de xuño”, tal e como se avanza dende a Xunta de Galicia.

O acordo chega despois de que nas últimas instrucións publicadas no Boletín Oficial del Estado (BOE) para os territorios na fase 2 da desescalada, o Goberno central autorizase ás distintas Comunidades a ampliar o aforo máximo no interior dos establecementos de restauración, pasando do 40% ao 50%.

Na xuntanza participaron ademais a directora da Axencia Turismo de Galicia, Nava Castro, así como representantes do Clúster Turismo de Galicia, da Asociación Provincial de Hostelería de A Coruña, da Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería y Turismo de Lugo, da Federacion de Hosteleria de Ourense, da Federación Provincial de Hostelería de Pontevedra, da Asociación Hostelería Compostela, da Asociación de Empresarios del Camino de Santiago a Finisterre y Muxía e do Consorcio de Empresarios Turísticos de Sanxenxo.

 

Un dos momentos do encontro virtual entre o conselleiro de Cultura e os representantes do sector da hostalaría galega.

 

 

Durante o encontro, realizouse ademais un seguimento do proceso de apertura e analizáronse as expectativas de cara a temporada estival. Segundo os representantes do sector, coa entrada de Galicia na fase 2 da desescalada retomaron a súa actividade preto do 50% dos establecementos de restauración e agárdase que nos próximos días se vaian incorporando novos negocios. No que respecta ás previsións nos negocios de aloxamento para o verán, constátase que neste momento a cifra de reservas supera xa a de cancelacións.

 

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close