En portadaÚltima hora

A Xunta eleva a toda Galicia ao nivel medio-alto de restricións e adianta o toque de queda ás 22h.

7 concellos da provincia (Ourense, Barbadás, O Carballiño, Monterrei, Verín, Allariz e Xinzo de Limia) pasan a nivel máximo

O presidente da Xunta Alberto Núñez Feijóo, na rolda de prensa.

 

Poucas sorpresas sobre o avance que Sanidade daba trala reunión do Comité Clínico na tarde deste martes 12 de xaneiro, solicitando a máxima prevención, que se inicia desde a media noite do xoves 14 de xaneiro e, “probablemente, ata mediados de febreiro”.

Con carácter xeral o nivel medio-alto de restricións aplícase en toda a comunidade e 60 concellos (7 deles na provincia de Ourense), zonas con maior incidencia, ao nivel máximo “e mantemos o peche da Comunidade que se decretou xa hai varias semanas”. Así o comunicaba o presidente da Xunta Alberto Núñez Feijóo na rolda de prensa que daba esta mañá. “Estamos nun momento especialmente preocupante”, dixo asegurando que “os datos confirman que aínda que a situación é mellor que no mes de novembro a progresión e tendencia é peor”, polo que pediu un esforzo adicional a todos os galegos para “preservar a integridade de todos os habitantes e non saturar os hospitais. “A taxa de incidencia é o dobre que hai 1 mes”, dixo antes de esplicar as medidas.

Con respecto ás medias medio-alto a nivel xeral implican “que se faga o esencial”, dixo Feijóo. Acudir ao médico, acudir aos colexios, acudir ao coidado de maiores e acudir ao centro de traballo. As reunións privadas e lugares públicos serán dun máximo de catro persoas e o toque de queda adiántase ás dez da noite, co correspondente peche do comercio ás 21:30 horas e aforos nas tendas ao 50%.

 

O presidente da Xunta, Alberto Núñez, co conselleiro de Sanidade, Julio García.

 

A hostalería poderá estar aberta ata as 18 horas, terrazas ao 50% e interior ao 30% e non se poderán facer reunións de non conviventes nos domicilios a partir desa mesma hora. Os centros recreativos terán o 50% do aforo; e con respecto ás actividades deportivas non federadas serán dun máximo de catro persoas e nos espazos interiores non se pode superar o 50%.

Cines, teatro e auditorios sempre sentados, 250 persoas en interior e 500 en exterior. As visitas hospitalarias circunscríbe a unha persoa por paciente.

Respecto a mobilidade, os concellos non se pechan, agás polo seu volume de tránsito e Lugo, Pontevedra e Vigo. Nestas tres cidades si se pecha a nivel municipal, salvo para os casos xustificados: laboral, académico e de asistencia.

Os concellos que pasan a nivel máximo de restricións son 60 (33 de máis de 10.000 habitantes e a eles se suman 27 municipios de menos de 10.000 habitantes), sete deles na provincia de Ourense (Ourense cidade, Barbadás, O Carballiño, Monterrei, Verín, Allariz e Xinzo de Limia).

Neste nive, o interior da hostalería estará pechada e só se poderá atender nas terrazas ata as 18 horas, a entrega a domicilio é sen límite. Os establecementos de xogo non poderán abrir as súas portas, e nos centros comerciais reducirase o aforo nas tendas ao 30%. Os concellos quedan illados de xeito individual.

 

Artigos relacionados

Back to top button