En portadaÚltima hora

A Xunta envíalle ao Concello do Barco o proxecto de humanización da avenida do Bierzo

O principal o obxectivo é a mellora de seguridade viaria desta avenida que coincide coa estrada autonómica OU-622

 

Unha das beirrarúas actuais no inicio da avenida do Bierzo no Barco.

 

Dende a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de remitirse ao Concello do Barco de Valdeorras o proxecto de construción para a humanización da Avenida do Bierzo, segundo se informa dende este departamento galego. Esta actuación, cun orzamento de máis de 780.000 euros, conta cun prazo de execución duns 8 meses.

O principal obxectivo dos traballos é a mellora de seguridade viaria desta avenida que coincide coa estrada autonómica OU-622, no treito comprendido entre os puntos quilométricos 0 e o 0+655. O proxecto recolle as obras necesarias para a renovación desta avenida, ao seu paso polo núcleo urbano do Barco de Valdeorras, en especial no que respecta á mellora da accesibilidade e das infraestruturas na zona.

A intervención inclúe unha mellora da accesibilidade nas pontes existentes no inicio da OU-622, salvando a vía ferroviaria e o río Cigüeño. No punto quilométrico 0+220 realizarase un cambio de sentido e elevarase o paso de peóns situado diante do colexio, no punto 0+380.

Tamén se incrementará a anchura das dúas beirarrúas e se rehabilitará e mellorará a capa de firme do tramo obxecto das actuacións. Ademais inclúense a disposición dunha rede separativa de saneamento e a renovación dos sumidoiros e a súa conexión cos colectores proxectados.

 

Artigos relacionados

Back to top button