ConcellosÚltima hora

A Xunta informa de 69 usuarios positivos en Covid en residencias de maiores de Valdeorras

 

Medran os casos activos de Covid nas residencias de maiores de Galicia. Segundo os datos comunicados nesta xornada pola Xunta, a comunidade rexistra un total de 555 usuarios positivos, o que supón 143 máis que o mércores da semana pasada, cando se facían públicos os anteriores datos.

No caso da comarca de Valdeorras, a Xunta de Galicia notifica 2 usuarios positivos da R. Nosa Sra de Fátima (O Barco de Valdeorras), 28 usuarios da R. M. Larouco, 1 usuario da R. Os Pinos (A Rúa), 34 usuarios da R. Xeirátrica San Cosme (Rubiá) e 4 usuarios da R. A Veiga. Isto supón un total de 69 usuarios positivos en residencias da comarca.

Por outra banda, a Xunta tamén comunica 43 usuarios da R. San Martín (A Mezquita), 4 usuarios da R. Municipal de Chandrexa (Chandrexa de Queixa) e 15 usuarios do Fogar Santa María (Verín), entre outros na provincia de Ourense.

Listado feito público pola Xunta de positivos de Covid en residencias de maiores da comunidade galega nesta 19 de xaneiro.

RESIDENCIAS DE MAIORES GALEGAS: 555 usuarios

3 usuarios da R. DomusVi Matogrande (A Coruña)
1 usuario da V. Comunitaria Sant Yago 2 (A Coruña)
4 usuarios da R. Arteixo
14 usuarios da R. El Pilar (Bergondo)
2 usuarios da R. Orpea (Culleredo)
13 usuarios da R. Clece Vitam Bastiagueiro (Oleiros)
45 usuarios da R. Mi Casa Ferrol
3 usuarios da R. DomusVi Narón
2 usuarios da V. Comunitaria La Paz II (Outes)
2 usuarios do F. Residencial La Rectoral de Artes (Ribeira)
7 usuarios da R. Raiola O Hórreo (Santiago)
1 usuarios da Vivenda Raiola O Hórreo (Santiago)
20 usuarios da R. Os Tercios (Touro)
11 usuarios da R. San Vitorio (Baralla)
1 usuarios dos Apt. Tutelados San Vitorio (Baralla)
2 usuarios da R. Castro Ribeiras de Lea (Castro de Rei)
3 usuarios da R. San Cibrao (Cervo)
1 usuario da R. San Salvador (Guntín)
8 usuarios da R. A Veiga (Láncara)
1 usuario da R. Sta. María Meira (Meira)
1 usuario da R. Monforte
1 usuario da R. O Incio
2 usuarios da R. DomusVi Lugo (Outeiro de Rei)
20 usuarios da R. Valadouro
3 usuarios dos Apt. Tutelados Valadouro (O Valadouro)
6 usuarios da R. Nsa. Sra. Villanueva (Allariz)
1 usuario do F. Residencial Vila da Prata (Amoeiro)
43 usuarios da R. San Martín (A Mezquita)
1 usuario da R. Os Pinos (A Rúa)
2 usuarios da R. Nsa. Sra. de Fátima (O Barco de Valdeorras)
3 usuarios do F. Residencial Carballeda 1 (Carballeda de Avia)
11 usuarios do F. Residencial Carballeda 2 (Carballeda de Avia)
4 usuarios da R. Municipal de Chandrexa (Chandrexa de Queixa)
4 usuarios da R. San Carlos (Celanova)
1 usuario da R. Esgos (Esgos)
28 usuarios da R. Larouco
12 usuarios da R. Nsa. Sra. Viso (Lobeira)
4 usuarios da R. Casa Grande de Maside (Maside)
4 usuarios da R. Val Monterrei
24 usuarios da R. San Martiño (Nogueira de Ramuín)
3 usuarios da R. De Porqueira
34 usuarios da R. Xeirátrica San Cosme (Rubiá)
4 usuarios da R. A Veiga
15 usuarios do Fogar Sta. María (Verín)
4 usuarios da R. De Marín
13 usuarios da R. DomusVi Ribadumia
30 usuarios da R. Divina Pastora (Vilagarcía de Arousa)
9 usuarios da R. Monte Tecla (A Guarda)
13 usuarios da R. DomusVi Cangas
16 usuarios da R. Vila do Conde (Gondomar)
20 usuarios da R. Virgen de Guadalupe (Mos)
1 usuario da R. Mi Casa (Pazos de Borbén)
16 usuarios da R. Bembrive (Vigo)
6 usuarios da R. Clece Vitam Pardo Bazán (Vigo)
5 usuarios da R. Santa Marta (Vigo)
35 usuarios da R. El Rocío (Vigo)
9 usuarios da R. DomusVi Vigo
3 usuarios do F. R. Vistahermosa (Vigo)

Artigos relacionados

Back to top button