SanidadeÚltima hora

A Xunta intervén a residencia de maiores Quercus de Leiro, cun total de 83 casos de Covid

Rexistra 68 casos positivos entre os usuarios e 15 entre os traballadores, segundo a Xunta

 

A Xunta de Galicia informa de que se vén de intervir a residencia de maiores Quercus, no concello ourensán de Leiro, “co fin de reforzar o persoal do centro. Unha vez avaliada a situación da residencia, as Consellerías de Sanidade e Política Social acordaron tomar esa medida co obxectivo de garantir a calidade asistencial e a correcta protección da saúde tanto das persoas usuarias como das traballadoras e traballadores do centro”.

Un equipo da Consellería de Política Social está xa desprazado no centro para “facer un seguimento permanente sobre a situación dos residentes, así como para vixiar a correcta aplicación das medidas de prevención, seguridade e hixiene fronte á Covid-19 aprobadas pola Xunta de Galicia. Os profesionais do Sergas tamén velarán pola continuidade dunha atención sanitaria axeitada na residencia”, segundo sinala a Xunta.

A residencia de maiores Quercus, de Leiro, rexistra 68 casos positivos entre os usuarios e 15 entre os traballadores, segundo a Xunta.

Artigos relacionados

Back to top button