CulturaCulturaÚltima hora

A Xunta investirá uns 61.000 euros na posta en valor do Camiño de Inverno ao seu paso polo Barco

Anunciábao o alcalde do Barco durante a sesión plenaria do 5 de marzo

Sinalización actual do Camiño de Inverno no Malecón do Barco./ Foto: A.R.

A Consellería de Cultura e Turismo ten previsto destinar uns 61.000 euros a actuacións de sinalización e melloras no Camiño de Inverno ao seu paso por O Barco de Valdeorras. Así llo confirmaba ao alcalde do Barco, Alfredo García, o conselleiro de Cultura e Turismo, tras a reunión que mantiña hai uns días con representantes dos 14 concellos polos que pasa esta ruta xacobea. E o rexedor anunciábao durante a sesión plenaria celebrada na tarde deste 5 de marzo.

Ademais, Alfredo García sinalaba que Cultura delimitaba o trazado do Camiño de Inverno na vila que, ao chegar a Manuel Quiroga, pode continuar polo casco vello ou ben pola estrada xeral. “Despois ao chegar ao campo da festa sube pola rúa Ourense e vai a Veigamuíños e A Proba. Tamén manteñen como posibilidade ir por Tremiñá”.

 

Artigos relacionados

Back to top button