ConcellosÚltima hora

A Xunta mantén a prohibición de queimas agrícolas e forestais “ata novo aviso”

 

A Consellería do Medio Rural informa de que hoxe remata a tempada de alto risco de incendios forestais en Galicia. Sen embargo, matiza que “as queimas de restos agrícolas e forestais amoreados seguirán prohibidas na comunidade ata novo aviso, tendo en conta a variabilidade das previsións meteorolóxicas para os vindeiros días”.

Polo tanto, “non se concederán comunicacións nin autorizacións para realizar ditas queimas. Insistimos en que, ata novo aviso, non está permitido o uso do lume para ningunha actividade agrícola e forestal”, di a consellería.

A decisión tomouse tendo en conta que a normativa –Decreto 105/2006, polo que se regulan medidas relativas á prevención de incendios forestais, á protección dos asentamentos no medio rural e á regulación de aproveitamentos e repoboacións forestais– prohibe as queimas cando as condicións meteorolóxicas así o estimen.

Artigos relacionados

Back to top button