SanidadeÚltima hora

A Medalla de Ouro de Galicia 2020, para os sanitarios que atenderon a pacientes con Covid-19

Así o comunicou hoxe Alberto Núñez Feijóo na rolda de prensa do Consello

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, comunicou hoxe na rolda de prensa do Consello a decisión de outorgar a Medalla de Ouro de Galicia 2020 aos santarios implicados na atención aos pacientes Covid-19.

 

Un sanitario facendo unha proba no Barco de Valdeorras./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

“Como non podía ser doutro xeito, queremos honrar a todas as persoas que nos coidaron e a todos aqueles que non escatimaron esforzos, poñendo moitas veces en risco as súas vidas para coidar aos afectados por unha pandemia que acabou con centenares de vidas en Galicia e que cambiou as nosas vidas para moito tempo”, explicou Núñez Feijóo.

Artigos relacionados

Back to top button