SanidadeÚltima hora

A Xunta porá en marcha o 17 de outubro a aplicación PassCOVID

Este novo instrumento complementará á app estatal RadarCOVID, "ofrecendo outras moitas funcionalidades grazas á colaboración voluntaria dos cidadán", segundo anunciaba o presidente

 

Dende e o vindeiro sábado 17 de outubro estará en marcha a aplicación PassCOVID, “unha canle de contacto telemática cos cidadáns para facilitar a xestión da pandemia”. Así o anunciaba o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez, tras a reunión deste xoves do Consello da Xunta.

PassCOVID ofrecerá un contacto directo cos cidadáns e complementará á app estatal RadarCOVID, “ofrecendo outras moitas funcionalidades grazas á colaboración voluntaria dos cidadáns”, segundo o titular do goberno galego. Así, ofrecerá información actualizada da situación da pandemia en toda Galicia, coa opción de seleccionar o concello que lle interese ao usuario para consultar as restricións e medidas vixentes nese momento. E comunicará as alertas, os avisos e as recomendacións que as autoridades sanitarias emitan sobre a evolución da covid-19.

En segundo lugar, e se o usuario foi identificado como contacto estreito ou diagnosticado con covid-19, este poderá informar a través da app aos seus contactos estreitos, facilitando así o labor dos rastrexadores. Ademais, poderá rexistrar aqueles establecementos onde estivera mediante o uso dun código QR específico, dispoñible en cada local para este fin.

A maiores, esta nova aplicación ofrecerá tamén acceso a ferramentas do Servizo Galego de Saúde para o seguimento da enfermidade en pacientes que se atopan nos seus domicilios; así como acceso ao rexistro de viaxeiros para aquelas persoas que chegan á comunidade procedentes de zonas de alta incidencia do virus.

Artigos relacionados

Back to top button