ConcellosEn portadaÚltima hora

A Xunta prevé ter a primeiros de febreiro un protocolo para o Entroido

Asegurábao o presidente do goberno galego na visita que realizaba onte á cidade de Ourense

Mázcaras danzando na Porta da Vila, nun Entroido anterior, en Manzaneda./ Foto: Ángeles Rodríguez.

 

Son xa multitude os municipios da provincia de Ourense e doutras partes de Galicia que teñen a mirada posta no vindeiro Entroido. Logo de que a pandemia obrigase a cancelar esta celebración ancestral o pasado ano, a situación podería ser diferente desta volta.

Así, o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, anunciaba onte en Ourense que o goberno galego traballa na elaboración dun protocolo de cara ao Entroido. “Eu espero que estea feito para primeiros de febreiro. Quedaríanos aínda todo o mes de febreiro para valorar e actualizar ese protocolo, pero, por se acaso, estamos traballando nel”.

 

O presidente da Xunta, falando sobre o protocolo do Entroido, onte en Ourense./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Feijóo tamén matizaba que este protocolo “será, obviamente, orientativo e cinguirase e axustarase definitivamente á situación do Entroido dende o punto de vista da pandemia. Pero por se acaso, e dada a importancia e relevancia económica que ten o Entroido para algunhas zonas, imos facer ese protocolo con cautela e anticipación”.

 

Desfile de Cigarróns en Verín./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

Artigos relacionados

Back to top button