CD BarcoDeportesFútbol

A Xunta prohibe o público en estadios e pavillóns

Os partidos de fútbol deberán ser a porta pechada durante polo menos tres semanas

Público con mascarillas nas bancadas de Calabagueiros. /Foto: Carlos G. Hervella.

 

O endurecemento de medidas que o presidente da Xunta Alberto Núñez Feijóo anunciaba neste mediodía tamén afecta ao deporte co anuncio da cancelación das competicións deportivas autonómicas e os adestramentos destes equipos. Unicamente poderán continuar as federadas de ámbito estatal e internacional, pero sen público, polo menos durante as tres vindeiras semanas (do 27 de xaneiro ao 17 de febreiro está prohibido o acceso de público a estadios e pabillón), polo que os partidos disputaranse a porta pechada. “Trátase dun espectáculo e como tal queda prohibido nete período”, dixo o presidente na rolda de prensa emitida para dar conta das decisións tomadas polo Comité Clínico.

A nivel provincial, esta medida afecta directamente aos catro equipos de fútbol ourensáns que compiten en terceira división: CD Barco, CD Arenteiro, Ourense CF e UD Ourense.

A práctica de deporte individual estará permitida sempre que sexa ao aire libre e con mascarilla.

Artigos relacionados

Back to top button