ConcellosManzanedaÚltima hora

A Xunta renova o convenio co Concello de Manzaneda para o servizo de comedor escolar

Será para os próximos dous cursos no CEIP de Manzaneda e incluirá a 38 usuarios, 7 prazas máis que no anterior convenio

Publicidade
Exterior do CEIP de Manzaneda.

O Goberno galego vai renovar os convenios de colaboración asinados cos concellos de Manzaneda, Oroso e Vilalba para o financiamento do servizo de comedor escolar de 193 usuarios de tres centros educativos dos citados concellos durante os próximos dous cursos 2022/23 e 2023/24, tal e como vén de autorizar na súa reunión de hoxe o Consello da Xunta.

Os acordos refírense ao colexio CEIP de Manzaneda (38 usuarios, sete prazas máis que no anterior convenio), do colexio CEIP Plurilingüe do Camiño Inglés (Oroso), con 110 usuarios (dez máis), e coa Escola de Educación Infantil de Vilalba, con 45 usuarios (tres menos).

“No marco destes convenios de colaboración, a Consellería subvencionará os menús dos comensais durante todo o curso escolar. Pola súa banda, os concellos comprométense á contratación da elaboración e servizo dos menús escolares, así como ao coidado e asistencia do alumnado durante as comidas”, tal e como informa Xunta.

Así mesmo, o Consello da Xunta tamén autorizou a renovación do convenio coa Deputación de Pontevedra para o apoio da Xunta, por un importe de 19.936€, a este servizo de comedor no Centro de Educación Especial Pontevedra, que xestiona o órgano provincial.

 

Artigos relacionados

Back to top button