OurenseÚltima hora

A Xunta saca a licitación as obras de reforma do Pavillón do Remedios de Ourense

O prazo estimado será de dez meses dende o seu inicio

 

Proxecto da remodelación da fachada.

 

A Secretaria Xeral para o Deporte vén de publicar a contratación das obras de reforma do Pavillón dos Remedios en Ourense. O prazo estimado de execución das obras será de dez meses dende o seu inicio, que terá lugar un mes despois da sinatura do contrato, aproximadamente. Así, terá un investimento de 1 987 479 euros.

O proxecto ten cmo obxectivo a remodelación estética e funcional dende a entrada principal ata a pista polideportiva. Así, a reforma tocará os espazos dos ximnasios, vestíbulo e espazos de comunicación, novos vestiarios, revestimentos da piscinas e fachada.

 

Vista dende o aire.

 

Artigos relacionados

Back to top button