EconomíaEconomíaÚltima hora

A Xunta subministrará “a prezo de custo” mascarillas e guantes a empresas e autónomos que o soliciten

Así o vén de facer público a administración galega tras a reunión celebrada esta mañá polo Centro de Coordinación Operativa

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, preside a reunión do Centro de Coordinación Operativa (Cecop) creado pola epidemia do coronavirus.

A Xunta de Galicia subministraráa prezo de custo máscaras e guantes ás empresas e os autónomos que o soliciten, “ante a imposibilidade de que moitas delas poidan conseguir o material de protección necesario no mercado e a un prezo adecuado. De feito, o material será facilitado ao mesmo prezo que o adquira a Xunta”, segundo informa esta administración autonómica.

Así se acordou hoxe na quinta reunión do Centro de Coordinación Operativa (Cecop), que estivo presidida polo vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda. Segundo se avaliou no encontro, o reparto de material de protección chegará a sectores como o alimentario e as distribuidoras, a metalurxia, a construción, a enxeñería, a madeira, a lousa e o granito, as enerxías renovables, as cooperativas agrarias, os call center, autónomos e comerciantes.

Esta mesma tarde manterase un encontro por videoconferencia cos clústers e asociacións que representan a estes sectores para detallar con eles o sistema de distribución máis axeitado.

Artigos relacionados

Back to top button