OurenseÚltima hora

A Xunta trasladará equipos de valoración da dependencia a Valdeorras e a outras 5 comarcas ourensás

Os equipos situaranse nos concellos de Celanova, O Barco, Xinzo de Limia, Verín, O Carballiño e Ourense, segundo anuncia a Consellería de Política Social

 

A partir de mañá luns a Xunta trasladará equipos de valoración da dependencia a varias comarcas da provincia de Ourense, entre elas á de Valdeorras, para reforzar o traballo dos servizos sociais e tratar de reducir o tempo de agarda das solicitudes. “Unha iniciativa que se levará a cabo de xeito piloto durante seis meses e que, en función do seu impacto, poderá ser replicado por máis tempo”, segundo anuncia a Consellería de Política Social.

En concreto, situarase un equipo en cada área xeográfica que atenderá a todos os concellos da súa zona. Así, os puntos de referencia serán Celanova, O Barco de Valdeorras, Xinzo de Limia, Verín, O Carballiño e Ourense. As veciñas e veciños da área xeográfica de Maceda poderán trasladarse ao Concello de Ourense.

As persoas que teñan solicitada unha valoración de dependencia serán citadas a través do teléfono 012 con anterioridade. Só terán que acudir á oficina de valoración aqueles cuxa mobilidade llo permita, o resto serán valorados no seu domicilio como ata o de agora, tal e como indica a consellería.

Artigos relacionados

Back to top button