DeportesÚltima hora

A xuvenil Eva Feijoo (Salvour), triple campioa galega e dous récords nos galegos de salvamento e socorrismo

 

Dez deportisas do Salvour participaban esta fin de semana, xunto a outros dez equipos de Galicia, nos campionatos galegos de salvamento e socorrismo para as categorías xuvenil, júnior, sénior e máster, celebrados na piscina de Cervo (Lugo). Unha competición que se lles daba especialmente ben con multitude de medallas, varias de ouro.

Na categoría xuvenil, destaca a actuación de Eva Feijoo Gómez campioa galega en 3 probas logrando ademais dous récords galegos, un nos 200 metros obstáculos con 2’17” e outro en 100 metros combinada de salvamento con 1’24”. A outra proba na que alcanzou o ouro foron os 100 metros socorrista.

En júnior, nos 200 obstáculos masculinos dominaron os ourensáns Raúl Civeira Corral, campión galego; e Santiago Gutiérrez Mariño, segundo. Raúl tamén foi bronce en 100 metros combinada. Samuel Iglesias Méndez subiu ao podio na proba de relevos: no 4×50 obstáculos quedou segundo e no 4×50 combinado, terceiro.

E xa na categoría máster, Cristina García Colomo sumaba catro ouros; Silvia Fernández López catro pratas; Roberto Naranjo Pérez tres ouros e unha prata; Eloi Xosé Fernández foi cuarto no lanzamento de corda. Na clasificación final por equipos as mulleres foron terceiras.

Artigos relacionados

Back to top button