OurenseÚltima hora

A XV Feira do Turismo Termal, Saúde e Benestar en Expourense

39 países e 279 expositores no 10º aniversario de Termatalia como salón internacional
Presentación da 15ª edició de Termatalia.
Presentación da 15ª edició de Termatalia.

Entre o 24 e o 26 de setembro, Expourense acollerá a 15ª edición de Termatalia, a Feira do Turismo Termal, Saúde e Benestar que este ano cumple o 10º aniversario como feira internacional, coa participación de 39 países e de 279 expositores.

Termatalia 2015 era presentada na mañá do 17 de setembro nun acto en Expourense que contou coa asistencia da directora de Turismo de Galicia, Nava Castro; do alcalde de Ourense, Jesús Vázquez; do vicepresidente da Deputación Provincial de Ourense, Rosendo Fernández;do presidente do Clúster de Turismo de Galicia, Francisco González; do director territorial de ABANCA en Ourense, Rubén Saavedra; do delegado territorial da Xunta, Rogelio Martínez, e do director de Termatalia, Alejandro Rubín. Todos coincidieron en denominar a Termatalia como “a gran feiraa mundial de termalismo que permite posicionar a Galicia e a Ourense como referencias termais internacionais”.

Con Argentina como país convidado, en Expourense estarán representados países procedentes de catro continentes (Alemania, Argelia, Argentina, Bélgica, Brasil, Bulgaria, Chile, Costa Rica, Colombia, Croacia, Cuba, Dinamarca, Ecuador, Eslovaquia, Estados Unidos, España, Estonia, Francia, Holanda, Hungría, Islandia, Israel, Italia, Jordania, Letonia, Lituania, Luxemburgo, Marruecos, México, Paraguay, Perú, Polonia, Portugal, Reino Unido, República Checa, Rumanía, Rusia, Turquía e Venezuela), con expositores “que reflicterán a cadea de axentes que interveñen no desenvolvemento do sector termal, dende a captación do recurso da auga ata a comercialización do destino turístico, pasando polo deseño, construción e xestión de centros termais” explican dende a organización.

Proveedores, talasos, balnearios, clínicas, augas, touroperadores, spas, turismo, augas envasadas, institucións vinculadas ao turismo, arquitectura, vilas termais, eficiencia enerxética, estética, asociacionismo ou formación, serán os sectores que se encontrarán en Termatalia 2015.

Artigos relacionados

Back to top button