EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

A XV Feira do Viño de Monterrei presenta o seu cartel promocional

 

A próxima edición da Feira do Viño de Monterrei xa conta con cartel anunciador. A proposta seleccionada, de Alfredo León Mañú, foi elixida entre un total de 34 traballos presentados ao concurso impulsado polo Consello Regulador da Denominación de Orixe Monterrei.

O autor desta obra, presentada baixo o lema “2 copas, 1 botella e as uvas”, é deseñador gráfico e de páxinas web, e tamén traballa no departamento de comunicación do concello de Aoiz-Agoitz (Navarra). Participante en numerosos concursos de cartelería, venceu en moitos deles como os de San Froilán de Lugo 2022, San Mateo de Logroño 2021, Festas do Pilar de Zaragoza 2020, Festival Cinema Alacante 2020 e 2021 ou Euskal Jaiak de San Sebastián 2019, entre outros.

 

 

O xurado encargado de elixir o cartel anunciador estivo formado por Lara Da Silva, presidenta e representante do Consello Regulador da D.O. Monterrei; Diego Lourenzo, tenente de alcalde do Concello de Verín; Noelia Manzano, deseñadora gráfica e María del Pilar Salgado, profesora de Artes e Oficios.

Artigos relacionados

Back to top button