En portadaGalerías de fotosXVIII Feira do Viño Valdeorras

A XVIII Feira do Viño de Valdeorras toma forma en Viloira

Comeza a montaxe dos stands e do recinto do que será a XVIII Feira do Viño de Valdeorras. Un certame que este ano terá como escenario a praza de Viloira no Barco. A instalacións dos diversos expositores principiaba xa o 8 de xullo e completarase nas próximas horas para que todo estea a punto de cara ao sábado 11 de xullo, data de inicio do certame.

Nel poderán degustarse os viños de 16 adegas amparadas polo Consello Regulador da D.O. Valdeorras tanto ese día como na xornada do 12 de xullo. A apertura oficial da feira está programada para as 12:30h. coa lectura do pregón a cargo de Julián Villamarín.

Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close