EconomíaEconomíaÚltima hora

A XVIII Mostra do Aceite de Quiroga, o 20 de maio en Bendilló

Un dos postos da pasada edición da Mostra do Aceite de Quiroga, en Bendilló./ Foto: Carlos G. Hervella.

Coas demostracións da elaboración tradicional de aceite porase en marcha o vindeiro 20 maio, a partires das 11:30h., a Mostra do Aceite de Quiroga, en Bendilló. Esta celebración, declarada de interese turístico galego, cumprirá dezaoito anos de vida. Haberá demostracións ao longo de toda a mostra, cuxo recinto feiral se instalará entre oliveiras e contará con seis casetas de colleiteiros. Os produtores de aceite participantes deberán ter unha produción mínima de 200 litros.

Nesa mesma zona tamén haberá exposición e venda doutros produtos gastronómicos típicos de Quiroga como son o mel, os licores, as marmeladas, as castañas, doces… e mesmo pezas de artesanía en madeira, entre outras.
O ambiente da feira estará animado a partires das 11:45h. por unha serie de actuacións de diversos grupos de danza e música tradicional de Quiroga.

Ademais, ás 12h. no interior da Capela das Farrapas (situada á beira do muíño) dará comezo unha cata comentada dos aceites participantes nesta edición.

Artigos relacionados

Back to top button