EconomíaEconomíaEn portadaÚltima horaViticultura

A XXI Cata Oficial da D.O. Valdeorras premia a oito viños

Os galardóns a 4 brancos e 4 tintos entregábanse na noite do 31 de xullo nunha cea do sector no Pazo do Castro

 

A XXIª Cata dos Viños de Valdeorras xa ten ganadores. Os viños distinguidos desta edición do concurso dábanse a coñecer nunha cea do sector celebrada na noite deste 31 de xullo no Hotel Monumento Pazo do Castro (O Barco).

Unhas 50 persoas, entre elas adegueiros e o presidente do Consello Regulador da D.O. Valdeorras, José Luis García, asistían a esta celebración. Tamén se sentaban á mesa autoridades como o conselleiro do Medio Rural en funcións, José González; o  vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, os senadores Miguel Bautista e Miguel Ángel Viso; o alcalde do Barco, Alfredo García, ou o concelleiro de Turismo barquense, Eladio Santos, así como os rexedores da Rúa, Álvaro Fernández, e Larouco, Patricia Lamela, e do Bolo, Manuel Corzo. Tamén acudían os presidentes dos consellos reguladores da D.O. Ribeiro, Juan M. Casares, e da D.O. Ribeira Sacra, José Manuel Rodríguez.

Ao fío das once e media da noite, na sobremesa, desvelábanse os galardóns desta edición que non estivo acompañada pola tradicional Feira do Viño de Valdeorras debido ao Covid-19. Durnte o acto o conselleiro en funcións do Medio Rural puxo en valor as características dos viños desta denominación de orixe en particular e dos galegos en xeral, louvando o seu “carácter”, “diversidade” e “calidade”.

Ademais amosou o seu agradecemento “polo esforzo que implica o cultivo e a elaboración dun viño de tan excelente calidade” e felicitouse porque “o prestixio que acumula o noso viño transcende máis aló de Galicia, sendo recoñecido dentro e fóra das nosas fronteiras”.

 

Os premiados, cos seus galardóns./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Os viños galardoados son os seguintes:

Premios aos viños BRANCOS

1º O Luar do Sil godello 2019 da Adega Pago de los Capellanes
2º Alán de Val godello 2019 da Adega Alán
3º Casal Novo godello 2019 da Adega O Casal

Premios aos viños TINTOS

1º Viña de Fornos mencía 2019 da adega Fornos GRS
2º O Cepado mencía 2019 da Adega O Cepado
3º Viñaredo mencía 2019 da Adega Santa Marta

Mención especial viños doutras añadas BRANCO

Mil Ríos godello 2018 da Adega Terriña

Mención especial viños doutras añadas TINTO

Domus crianza 2014 da Adega Roandi

Fotos: Carlos G. Hervella.

Máis información e fotos:
https://osil.info/a-entrega-de-premios-da-xxi-cata-dos-vinos-de-valdeorras-en-imaxes/ 

Primeiro premio en branco e en tintos./ Foto: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button