En portadaÚltima hora

A XXI Feira do Viño de Valdeorras, do 14 ao 15 de xullo en Viloira

A mostra complementarase con concertos, exaltación da gastronomía autóctona e actividades lúdicas para públicos de todas as idades
Público na pasada edición da Feira do Viño de Valdeorras, na praza de Viloira (O Barco)./ Foto: Carlos G. Hervella.

Mantendo a liña de anteriores edicións, a XXI Feira do Viño de Valdeorras desenvolverase na fin de semana do 14 e 15 de xullo na praza de Viloira (O Barco). Así se acordaba no pleno que o consello regulador valdeorrés celebraba no mediodía do 14 de xuño.

Este foro contará con diferentes actividades paralelas “que convertirán á comarca de Valdeorras no epicentro festivo e de lecer da provincia de Ourense durante dous días”, tal e como salientaba o presidente do CRDO Valdeorras, José Luis García Pando, quen ademais indicía no “excepcional escaparate” que supón este certame para os viños desta zona ourensá.

O horario de apertura do recinto feiral nas dúas xornadas será de 12:30h. a 14:30h. pola mañá e de 19h. a 23h., pola tarde. A mostra complementarase con concertos, exaltación da gastronomía autóctona e actividades lúdicas para públicos de todas as idades, que darán a coñecer nas vindeiras semanas.

Ademais, a feira terá como limiar a XIX Cata Oficial da Feira do Viño de Valdeorras, que se desenvolverá nas instalacións do Consello Regulador. Estará aberta á participación de todas as adegas presentes na XXI Feira do Viño. As súas bases resultaban tamén aprobadas na sesión plenaria do 14 de xuño.

Artigos relacionados

Back to top button