En portadaGalerías de fotosÚltima hora

A XXI Feira do Viño de Valdeorras remata con premios e con 8.000 degustacións

Na tarde do domingo 15 de xullo entregábanse os galardóns aos mellores viños da XIX Cata Oficial deste certame nas categorías de brancos, tintos e outras añadas

Balance positivo, pese á chuvia, da XXI Feira do Viño de Valdeorras que se celebraba na fin de semana do 14 e 15 de xullo na praza de Viloira (O Barco). No certame, que reunía a vinte adegas, servíanse máis de 8.000 degustacións, “unha cantidade que supera en mil unidades ás degustacións do pasado ano”, segundo a organización que cifra ademais a recadación nun 25% máis que na edición do 2017.

Dende o Consello Regulador da Denominación de Orixe Valdeorras o seu presidente, José Luis García Pando, poñía en valor o papel das vinte adegas participantes na mostra “grazas as cales se ten acadado este éxito de participación, que é a aínda máis significativo se temos en conta o mal tempo que fixo onte domingo”.

A fin desta XXI Feira do Viño de Valdeorras viña marcada pola auga, pero, sobre todo, pola entrega de premios da XIX Cata Oficial da Feira, na que nesta edición se presentaban 18 adegas cun total de 43 referencias distintas. O acto de entrega de galardóns tiña lugar rozando ás 21h. do domingo 15 de xullo. Os viños distinguidos eran os seguintes:

Viños brancos

1º Premio- “Viñaredo” de Adega Santa Marta
2º Premio- “D’Berna” de Adega Guitián e Blanco
3º Premio- “Pagos de Galir” de Adega Virxe de Galir

Viños tintos

1º Premio- “Sampayolo Garnacha” de Adega Sampayolo
2º Premio- “A Coronela” de Adega O Cepado
3º Premio- “Joaquín Rebolledo” de Adega Joaquín Rebolledo

As mencións especiais “viños doutras añadas” foron para “Lagar de Cigur Barrica 2013” de
Adega Melillas e Fillos e “Fardelas 2015” de Adega Santa Marta.

Malia á chuvia que caía na derradeira tarde da feira eran moitas ás persoas que se achegaban ao recinto feiral, animado pola música dos cantos de taberna dos Bertolini de Manzaneda, para probar os viños premiados e tamén aqueles outros que non o estaban, nun ambiente agradable e festivo.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close