A XXII Convivencia de Educación Infantil reunirá en Trives a uns 800 participantes

Terá lugar o vindeiro 29 de maio no CEIP Manuel Bermúdez Couso e nela tomarán parte 16 colexios da parte oriental da provincia

Imaxe da pasada edicióin da Convivencia de Educación Infantil./ Foto: Carlos G. Hervella.

O CEIP Manuel Bermúdez Couso da Pobra de Trives acollerá na mañá do vindeiro 29 de maio a 22ª edición da Convivencia de Educación “Cholo e Nela”. Esta cita educativa e lúdica reunirá a preto de 500 alumnos e 400 adultos entre pais, mestres e mestras de 16 colexios das comarcas ourensás de Valdeorras, Terra de Trives, O Bolo, Viana, a Peroxa e Castro Caldelas. Este ano o encontro terá como temática o “Camiño da Fala”.

Nesta ocasión os centros participantes serán o CEIP Condesa de Fenosa do Barco de Valdeorras, CEIP Julio Gurriarán do Barco de Valdeorras, CEIP Ramón Otero Pedraio do Barco de Valdeorras, CEIP O Bolo, CEIP de Manzaneda, CPI Virxe dos Remedios de Castro Caldelas, CPI Tomás Terrón Mendaña de Sobradelo de Valdeorras, CEIP Manuel Folla Respino de Vilamartin de valdeorras, CEIP San Martiño de Vilariño de Conso, CEIP virxe do Camiño de Rubiá, CEIP Manuel Respino da Rúa, Colexio Nosa Señora de Fátima da Rúa, CEIP Ávila Bustillo da Veiga, CEIP da Peroxa, CEIP de Casaio e CEIP Manuel Bermúdez Couso da Pobra de Trives.

 

Como cada ano, a convivencia é froito dun traballo previo que desde semanas atrás se ven desenvolvendo nas aulas de cada centro contando coa colaboración de papás, mamás e persoal docente. Un traballo coordinado dende a Asociación Pro-Convivencia de Educación Infantil.

Nesta xuntanza na que o carácter festivo é fundamental realizaranse diferentes xogos populares, exhibicións, obradoiros, inchables,… unha batería de actividades cunha actuación como broche de fin de festa, onde a maior finalidade é a de establecer relacións sociais entre toda a comunidade educativa, poñendo en valor o respecto a convivencia e por suposto coa lingua galego como protagonista principal.

Máis información na edición en papel de maio do Periódico O Sil.

Scroll To Top

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies