EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

A XXII Feira do Viño de Valdeorras sube en participación

Nesta edición servíanse “máis de 8.400 copas de viño, unha cantidade que supera nunhas 400 unidades ás degustacións rexistradas o ano pasado”, segundo a organización
Público na Feira do Viño de Valdeorras na tarde do 14 de xullo./ Foto: A.R.

Horas despois de que as casetas da XXII Feira do Viño de Valdeorras pechasen as súas portas, a organización vén de facer un balance positivo desta edición, celebrada na fin de semana do 15 e 16 de xullo na praza de Viloira (O Barco).

“Servíronse máis de 8.400 copas de viño, unha cantidade que supera nunhas 400 unidades ás degustacións rexistradas o ano pasado (aproximadamente un 5% máis)”, indican dende o Consello Regulador da Denominación de Orixe Valdeorras.

Ademais o seu presidente, José Luis García Pando, vén de expresar o seu agradecemento a “todas as adegas que participaron na feira, facendo posible –un ano máis- que se converta no mellor escaparate dos nosos viños”. Tamén agradecía a participación das diferentes autoridades nos actos de inauguración e clausura da mostra.

Galería de imaxes en:
https://osil.info/a-xxii-feira-do-vino-de-valdeorras-en-imaxes/

Artigos relacionados

Back to top button