EconomíaEconomíaÚltima hora

A XXIX Mostra de Mel de Quiroga celebrarase o 10 de agosto

Proximamente o Concello de Quiroga publicará un bando co prazo de inscrición para os apicultores que desexen participar nesta edición

Imaxe da pasada edición da Mostra do Mel, en agosto do 2019./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Dende o Concello de Quiroga estase a traballar na organización da XXIX edición da Mostra do Mel de Quiroga, que ao igual que outros anos, terá lugar na feira de mercado máis grande do ano nesta vila lucense: a do 10 de agosto.

Con esta iniciativa apóstase pola promoción dun dos produtos típicos da nosa comarca: o mel de Quiroga, que goza dun gran prestixio pola súa  calidade e variedade.

Unha calidade que está avalada polo distintivo de Mel Ecolóxico na maior parte do produto comercializado. En canto á variedade, pódense atopar meles multifloral e meles unifloral debido á gran diversidade na flora deste territorio, onde conflúen vexetación atlántica e mediterránea.

Proximamente o Concello de Quiroga publicará un bando co prazo de inscrición para os apicultores que desexen participar na vixésimo novena edición. Os postos de venda situaranse no recinto habilitado na Rúa Real onde os apicultores participantes poñerán á venda mel e outros produtos   apícolas como pole ou   própole.

A organización do evento instalará os postos coa distancia recomendada entre eles atendendo así as novas normas hixiénico sanitarias establecidas polas autoridades. Ao longo da xornada o recinto da feira estará animado pola Charanga BB+.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button