EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima hora

A XXVI Cea do Cocido reúne a máis de 400 persoas en Piñeiro (A Pobra de Trives)

As Macizas Centrais foron as encargadas de amenizar a cita gastronómica enmarcada nas Festas de San Sebastián

 

Piñeiro nunca defrauda. Despois de 26 edicións a Cea do Cocido desta localidade trivesa volveu ser un éxito. Máis de 400 persoas asistían á cita gastronómica na noite do 24 de xaneiro, preámbulo das Festas de San Sebastián que se celebran esta fin de semana.

No interior da carpa climatizada instalada para a ocasión, coma sempre moita mocidade pero tamén xente de diferentes idades, da contorna e doutros puntos algo máis afastados como A Rúa ou O Barco de Valdeorras, e un bo número de colaboradores que á hora de servir ofreceron prestos a súa axuda. O menú tampouco defraudou: un exquisito prato con carne de porco (orella, morro, androlla, chourizo e lacón) con patacas e grelos; de postre bica; viño, café e licores.

 

As Macizas Centrais trala cea en Piñeiro.

 

O apartado musical da velada correu nesta ocasión a cargo das Macizas Centrais de Trives. Sempre ou case sempre acuden á cita para cear, pero este ano foron as encargadas de amenizar a xuntanza antes, durante e despois, cos seus rítmicos e animados sons. Xa de madrugada o relevo collíao a orquestra Marbella, pero antes, xusto no momento en que a xente degustaba a bica, o café e os licores, Justo procedía á subasta dos produtos donados por diferentes colaboradores: viño de Pazo da Corga, Queixos da Bama, artesanía de Belén, Cadro pintado por Antonio Rubio, periguela de Alto do Couso, lote de licores de Estrella Galicia, Viño de Xiana, Segurida A1, viño e sidra de Pazo da Pena, taladro e viño de Dielectro, vale de Mercería Marina, vale de Pulpería Dori e xamón Pata Negra de Embutidos Pío. Tamén se celebrou o sorteo dos 500 euros entre as rifas vendidas a 1 euro no propio recinto.

O acto central foi onte pola noite, pero a celebración do San Sebastián continúa na fin de semana con procesión e misa ás 13:30h. tanto hoxe como mañá; sesión vermú a cargo da charanga Nova Terras de Trives hoxe e Coraliña Cantora, mañá. Esta noite a verbena correrá a cargo da Orquestra La Fórmula.

Máis información na edición en papel do Periódico O Sil.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close