Galerías de fotosÚltima hora

A XXVI Semana Cultural de Vilanova (O Barco) péchase cunha cea

Despois dun variado programa de actividades que incluía obradoiros, xogos diversos e a presentación do libro “Ultreya et Suseya por el Camino de Invierno” a XXVI Semana Cultural de Vilanova (O Barco), que promove a Asociación C. O Mosteiro, chegaba á súa fin de maneira moi festiva.

Así, na noite do 9 de agosto tiña lugar nas antigas escolas de Vilanova unha cea popular, servida por Mantesil, á que asistían unhas 70 persoas. O seu menú incluía empanada de bonito e vitela, costela mixta ao forno con guarnición de patacas asadas, xunto con ensalada e sobremesa. Non faltaban tampouco o viño e os licores.

Ademais a velada estaba amenizada pola compañía de baile Sabrosura.

Fotos cedidas pola Asociación Cultural O Mosteiro de Vilanova.

 

Artigos relacionados

Back to top button