CulturaCulturaÚltima hora

A XXVIII Semana Cultural de Vilanova baixa o pano coa conferencia de Isidro García Tato na igrexa

No templo colocaron unha placa para lembrar que alí repousan os restos de Andrés de Prada y Gómez de Santalla

 

Música, xogos infantís, petiscos e conferencia. Son os ingredientes cos que a Asociación O Mosteiro elaboraba a XXVIII Semana Cultural de Vilanova (O Barco).

O programa arrancaba o luns día 8 cun concerto a cargo do grupo Farsantes formado polos ourensáns David Quintas e Toño Varela; o martes día 9 foi para os nenos con xogos nas escolas con merenda incluída; e o xoves día 11 era o turno do historiador valdeorrés Isidro García Tato que impartía unha maxistral conferencia sobre Andrés de Prada y Gómez de Santalla.

 

Conferencia de Isidro García Tato na igrexa de Vilanova.

 

O lugar elixido para a disertación era a igrexa parroquial de Vilanova onde están enterrados os restos deste ilustre personaxe. “En toda Galicia poucas igrexas teñen tan sublime honra de albergar os restos de un heroe de Lepanto”, asegura Isidro García, quen tamén destacou os numerosos títulos ostentados por de Prada y Gómez de Santalla “secretario de don Juan Austria, de Alexandre Farnesio, Gobernador dos Estados do Marqués de Villafranca do Bierzo, secretario de guerra (terra) de Felipe II, secretario de estado de Felipe III, cabaleiro da Orde Militar de Santiago, comendador de San Coloyro (Sicilia), administrador da encomenda de Moratalla (Murcia), comendador de Ocaña, fundador do morgado de Outarelo coa capela de Nosa Señora do Prado (a partir de 1640 do protomártir do Xapón Francisco Blanco), etc, etc”. Na súa memoria reza a placa que descubrían onte no decurso da conferencia.

Coma sempre, o broche á Semana Cultural poñíano os petiscos e viño servidos no exterior das escolas.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button