EconomíaEconomíaÚltima hora

A XXX Mostra do Mel de Quiroga celebrarase o 10 de agosto

Un expositor da Mostra do Mel de Quiroga do ano pasado. /Foto: Carlos G. Hervella.

 

Coincidindo coa feira de mercado, o vindeiro martes día 10 de agosto, o Concello de Quiroga dará a coñecer unha vez máis a magnífica calidade do mel que se produce no municipio, na XXX edición da Mostra do Mel na que finalmente estarán presentes 4 apicultores.

As actividades organizadas con motivo desta feira comezarán xa este xoves día 5, coa apertura da exposición “Apicultura tradicional galega” -que inclúe 42 fotos e un vídeo sobre o control da Vespa Velutina- e unha charla a cargo de María Lorenzo, sobre “Apiturismo no Courel: Ruta das alvarizas de Seceda. Estas dúas actividades forman parte do proxecto Apiturismo Xacobeo 2021/2022 da Asociación Galega de Apicultura. Este programa de Apiturismo ten por obxectivo poñer en valor a apicultura milenaria que forma parte da nosa rica etnografía, cunha arquitectura única no mundo.   Ao redor do mundo das abellas desenvolveuse en Galicia unha actividade milenaria da que dan boa conta un gran número de construcións e ferramentas que forman parte da paisaxe e do patrimonio etnográfico e cultural das nosas aldeas: as alvarizas, alvares ou cortíns.

O recinto feiral para a venda de mel e outros produtos apícolas como xelea real, pole ou própole, instalarase o martes día 10 dende primeiras horas da mañá pola rúa Real, nas inmediacións da casa consistorial. A partir das once da mañá a charanga Europa encargarase de amenizar o recinto feiral.

 

Artigos relacionados

Back to top button