EconomíaEconomíaÚltima hora

A XXXIII Feira Apícola das Rías Baixas, o 20 de marzo en formato online

 

Co fin de continuar coa Feira Apícola das Rías Baixas e de manter as medidas de seguridade sanitaria, este evento celebrará a súa trixésimo terceira edición o vindeiro 20 de marzo en formato virtual. Nesa xornada despregará un amplo programa de actos a partir das 10:30h, entre os que figuran, as súas xornadas internacionais e unha cata comentada en streaming dos distintos tipos de mel da IXP Mel de Galicia.

O prazo de inscrición na Feira Apícola está aberto e accesible a través da páxina web da Agrupación Apícola de Galicia. A asistencia é totalmente gratuíta.

Máis información:
https://apicoladegalicia.com/

Artigos relacionados

Back to top button