En portadaGalerías de fotosÚltima hora

A XXXIX Feira do Viño de Amandi abre as súas portas en Sober

Ademais de poder catar os viños de 24 adegas da D.O. Ribeira Sacra, esta mostra inclúe un amplo abano de actuacións musicais, entre elas a da pregoeira, María do Ceo

Co tradicional corte de bacelos, nesta ocasión a cargo da Adega Don Bernardino en lembranza do seu fundador, inaugurábase a XXXIX Feira do Viño de Amandi no mediodía do 13 de abril en Sober (Lugo). Este acto, seguido dun brinde, contaba coa asistencia da familia do adegueiro recentemente falecido, e tamén coa do conselleiro do Medio Rural, José González, e coado alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, entre outras autoridades.

A partir aí soaba a música tradicional e comezaba o percorrido dos visitantes polas casetas das 24 adegas da Denominación de Orixe Ribeira Sacra que participan nesta edición: A Carqueixa, Algueira, Barbado, Cividade, Cruceiro, Don Bernardino, Estrela, Finca Cuarta, Guímaro, Gullufre, Lucenza, Malcavada, Marcelino I, Naz, Petrón, Proencia, Rectoral de Amandi, Rectoral de Gundivós, Regina Viarum, Tear, Viña Frieira, Val da Lenda, Viña Cazoga e Viña Peón.

O programa desta edición, na que o Concello convidado é O Saviñao, inclúe unha cata oficial dos viños da feira (con tres premios en tintos, un en brancos e outro para o mellor viño en barrica doutras añadas), así como demostracións de talla con motoserra, numerosas actuacións musicais (entre elas a da Banda de Música de Sober, a do grupo valdeorrés Sr. Jingles ou a das charangas Louband e NBA), concursos, exposicións e, por suposto, o pregón a cargo da fadista María do Ceo o 14 de abril ás 13h. Esta cantante ofrecerá un concerto gratuíto o día anterior ás 20h. no Auditorio do Centro Sociocultural de Sober.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button