En portadaÚltima hora

A XXXVIII Feira do Viño de Quiroga terá como pregoeiro a Carlos Sobera

Ademais a comisión organizadora acordaba "esperar acontecementos", pero tamén traballar cun plan B para celebrar o evento en xullo

Carlos Sobera será o pregoeiros da nova edición da Feira do Viño./ Foto cedida polo Concello.

 

A comisión organizadora da XXXVIII Feira do Viño de Quiroga vén de reunirse e na súa xuntanza valoraba a posible elección dunha nova data para esta edición. Tamén acordaba esperar acontecementos e traballar nun “plan B, por se as condicións respecto ao avance do coronavirus son distintas ás actuais, para celebrar o evento os días 25 e 26 de xullo e as actuacións e actividades relacionadas coa feria no mes de xullo”.

Tras esta reunión tamén se deu a coñecer o nome do  pregoeiro desta edición, “o polifacético Carlos Sobera”, actor, presentador e foi profesor universitario. Actualmente presenta os programas de Telecinco “Volverte a Ver”, “Supervivientes En Tierra de Nadie” e “Gran Hermano VIP”; e en Cuatro “First Dates” e “First Dates Crucero”.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button