ConcellosÚltima hora

A zona de esparexemento canino do Barco, lista

Está situada nas proximidades da Casa do Río Cigüeño e inclúe un circuíto de Agility

 

O Concello do Barco vén de rematar a Zona de Esparexemento Canino, situada nas proximidades da Casa do Río Cigüeño, coa instalación dun circuíto de Agility. O mobiliario colocado consta de cinco xogos específicos para cans, fonte e papeleiras especiais.

Este equipamento supuxo un investimento duns 2.500 euros. “A esta cantidade hai que sumar o custo da obra civil, feita hai uns meses por medios propios do Concello”, tal e como se informa dende esta administración local.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button