EconomíaEconomíaÚltima hora

ABANCA reúnese con empresarios de Valdeorras

A entidade celebrará máis de 70 reunións con pemes e autónomos para explicar o seu plan de apoio ao tecido produtivo
Representantes de ABANCA na reunión celebrada no Barco. /Foto: Mónica G. Bellver.
Representantes de ABANCA na reunión celebrada no Barco. /Foto: Mónica G. Bellver.

No Barco de Valdeorras abría ABANCA a iniciativa “Ao teu carón antes que ninguén”, coa que pretende explicar de primeira man ás pemes e autónomos galegos o seu plan global de apoio ao tecido empresarial da comunidade.

Na tarde do 22 de outubro, representantes da entidade bancaría (a xefa de zona, Mª José López; a xestora de pemes, Diana Corzo; e o director da oficina do Barco, José Vicente Garcia), reuníanse con empresarios valdeorreses para explicarlles a transformación acometida pola entidade na súa nova etapa e a súa aposta decidida por apoiar o tecido produtivo a través do impulso do crédito.

Na reunión tamén detallaron os grandes eixos do plan global de apoio á empresa, así como as novas accións e liñas de crédito abertas pola entidade para dar resposta ás necesidades de pemes e autónomos. Entre as últimas accións dirixidas ao tecido produtivo destacan o Plan Activamos e o Plan de Dinamización do Comercio galego.

Para o Plan Activamos, ABANCA comprometeu 202 millóns de euros en crédito a familias, pemes, autónomos e corporacións locais. No caso das empresas, este plan oferta financiamento nas mellores condicións do mercado para a posta en marcha de novos negocios, novas contratacións nos xa existentes, novos investimentos empresariais e a realización de actuacións que contribúan a mellorar a eficiencia enerxética das empresas galegas.

A iniciativa de ABANCA contempla a celebración de máis de 70 encontros informativos nas principais comarcas e localidades galegas durante os próximos dous meses cos que prevé chegar a través a máis de 4.000 empresarios galegos.

Artigos relacionados

Back to top button