EconomíaEconomíaÚltima hora

Abeleda (A Teixeira) acollerá mañá a III Festa do Cocido Ribeira Sacra

O programa comezará ás 13h. coa sesión vermú e incluirá a actuación da orquestra Charleston Big Band en sesión de tarde e verbena

Asistentes a unha edición anterior da festa. /Foto: Carlos G. Hervella.

 

As citas gastronómicas van tendo cada vez máis poder de convocatoria, converténdose en referentes das xuntanzas populares nos meses de inverno. No municipio ourensán da Teixeira téñeno claro por iso hai tres anos a Asociación Val de Abeleda decidía organizar a súa propia celebración, englobando a todo un territorio e poñendo o seu gran de area á candidatura a Patrimonio da Humanidade.

Así nacía a Festa do Cocido Ribeira Sacra que chega este ano á terceira edición. Foi cambiando a data dende a súa orixe. Comezou en decembro, ao ano seguinte celebrouse en xaneiro e nesta ocasión celebrarase mañá 15 de febreiro no mesmo lugar: Abeleda; e á mesma hora: 14:30h.

 

 

O programa comezará xa ás 13 horas coa sesión vermú no bar da asociación ubicado dentro da carpa, co acompañamento dun grupo musical e, dúas horas e media despois terá lugar o xantar cun menú composto por: sopa de cocido; cocido completo; bica; viño; pan; café e chupitos. Tal como informan dende a organización, o lugar da celebración contará con aseos para os asistentes que tamén levarán obsequios do xantar.

Lonxe de rematar coa comida, a festa continuará pola tarde coa actuación musical e o sorteo das rifas, e xa pola noite, tamén haberá baile a cargo da orquestra Charleston Big Band que dará un primeiro pase entre as 22 e ás 23 horas. No momento do descanso e por xentileza da asociación, haberá un pequeno tapeo a base de empanada, de balde para os asistentes. A orquestra subirase de novo ao escenario a partir da unha da madrugada para amenizar a sesión verbena.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close