CulturaCulturaÚltima hora

Aberta a convocatoria para a 9ª edición do Premio Galicia de Fotografía Contemporánea

Os proxectos poderán presentarse ata o 31 de outubto

Presentación da IX edición do Premio Galicia Contemporánea.

 

A Asociación Outono Fotográfico, co apoio da Xunta de Galicia e da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, vén de convocar a novena edición do Premio Galicia de Fotografía Contemporánea, un certame que “pretende promover novas creacións na linguaxe contemporánea da fotografía”, en palabras do presidente da Asociación OF, Xosé Lois Vázquez.

Os participantes deberán presentar un proxecto fotográfico realizado entre setembro de 2011 e setembro de 2021, e que non teña sido subvencionado ou recibise unha beca na súa totalidade anteriormente noutro certame, nin editado na súa totalidade en calquer soporte. Respecto do tema e da técnica, ambos son libres.

O Premio está dotado cun único premio que consiste na produción dunha exposición que se inaugurará nos últimos días do ano 2021 en Lugo e que itinerará durante dous anos polas 7 cidades galegas nas salas de Afundación, así como por Portugal e algunhas localidades do resto do Estado Español. Nos tres últimos anos, as exposicións itineraron por Ourense, Lugo, Vigo, A Coruña, Santiago, Ferrol, Pontevedra, Segovia, Valladolid, Madrid, Braga, Porto, Lisboa, Fortaleza (Brasil), Atenas (Grecia), París (Francia) e Oslo (Noruega).

A edición do libro co traballo gañador a cargo de Difusora de Letras, Artes e Ideas dentro da colección OF, completa o galardón deste prestixioso Premio. Os libros de cada edición, teñen estado seleccionados en festivais de photobooks e poden adquirirse en librarías especializadas.

Trátase de incentivar traballos coa reflexión e percorrido suficientes como para non ser fruto da concursística. A este respecto Vítor Nieves, coordinador do premio e curador da exposición e Xosé Lois Vázquez, presidente da asociación Outono Fotográfico e editor do libro, resaltan o obxectivo do Premio, “promover a fotografía contemporánea e as cuestións éticas que prantexa, en xeral, a arte contemporánea con respecto ás formas de dominación e a imposición de límites ao pensamiento. Promover a creación dun espazo fotográfico en Galiza que complemente ao creado durante máis de tres décadas polo festival Outono Fotográfico mediante o incentivo de propostas de carácter visual-fotográficas por parte de autores/as tanto nacionais como extranxeiros”.

O prazo de presentación dos proxectos será ata o 31 de outubro de 2021 e deberán enviaranse a través do sistema online habilitado para esta convocatoria en www.outonofotografico.com ou por correo postal a Difusora de Letras Artes e Ideas no enderezo que se especifica nas bases do Premio, dispoñíbeis no mesmo site desde esta mañá.

Entre os proxectos que se presenten, o xurado seleccionará tres, atendendo á linguaxe visual do ou da autora, á calidade fotográfica e á contemporaneidade, que serán os finalistas. Os seus nomes publicaranse o 8 de novembro de 2021 no site referido e nas redes sociais da asociación. O nome do gañador ou gañadora será designado polo xurado 48 horas despois e publicado nas referidas canles.

Artigos relacionados

Back to top button