ConcellosSan Xoán de RíoÚltima hora

Aberta ata o 15 de agosto a convocatoria do II Concurso de Poesía Rural de San Xoán de Río

Dando continuidade á iniciativa que nacía o ano pasado como unha nova aposta por promover a cultura no ámbito rural, o Concello de San Xoán de Río vén de convocar a II edición do Concurso de Poesía Rural SXDR.

O prazo de presentación de poemas estará aberto ata o día 15 de agosto enviando as obras por correo á seguinte dirección: alcaldia@concellosanxoanderio.com.

Os premios serán un lote de produtos locais para o primeiro; unha bica grande e mel para o segundo; e unha bica pequena e mel para o terceiro.

Artigos relacionados

Back to top button