EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Aberta a campaña de mecenado da “Guía dos Viños de Galicia 2018”

O prazo para participar neste proxecto, dirixido por Luis Paadín, rematará a finais de novembro

A mediados de decembro verá a luz a “Guía dos Viños, Destilados e Adegas de Galicia 2018”, volume editado por Servino.net e que dirixe un ano máis o sumiller Luis Paadín. Serán máis de 380 páxinas que incluirán 1.500 referencias de adegas das cinco denominacións de orixe galegas e máis de 700 notas de cata, incrementando ademais os contidos da edición anterior.

Dende o 1 de novembro e ata rematar este mes está aberta unha nova edición da campaña de mecenado para financiar esta guía, que non contén publicidade. As persoas interesadas en formar parte “deste proxecto xa consolidado e en facer patente a súa participación incluíndo o seu nome nos 2.000 exemplares da guía poden contactar con nós a través de info@servino.net. O PVP será de 20€ cada exemplar, pero para os mecenas é de 18€, coa inclusión do seu nome, envío incluído e posibilidade de participar no evento Galician Wines, onde se poderá probar máis de 150 viños de Galicia”, segundo indica Luis Paadín.

Artigos relacionados

Back to top button