CulturaCulturaGalerías de fotosMúsicaÚltima hora

Abertal abre e pecha o “Aquí Galicia” desde O Barco de Valdeorras

No programa, celebrado no marco da Festa do Botelo, tamén actuaron Son do Sil e Sr. Jingles

 

Entre os contidos do programa da TVG  “Aquí Galicia”, que na tarde do 18 de xaneiro se emitía en directo dende o campo da festa do Barco, tampouco faltaba a música valdeorresa, coa actuación de ata tres agrupacións.

A gran protagonista musical foi Abertal, a agrupación de música e baile tradicional da Rúa que era a encargada de abrir e pechar o programa. A primeira das pezas que interpretaron foi o Pasacorredoias de Arzádegos creada polo gaiteiro, Óscar Guerra. Tamén fixeron unha peza de baile para os mediados que tocaron dous gaiteiros, con tambor, bombo e pandeireta; e a Foliada de Cerdeira coa banda de gaitas o coro e tres parellas de bailadores. Para pechar tocaron a peza de pandeireta Xota e Muiñeira do Canizo.

Entre medias, ademais de coñecer a traxectoria da Festa do Botelo ao longo destes vinte anos; e as características do produto gastronómico, tamén actuaron Son do Sil e Sr. Jingles.

Fotos: Mónica G. Bellver

 

Artigos relacionados

Back to top button