CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Abertal actúa no “Luar” da TVG para presentar o seu disco “Co noso acento”

A agrupación de música tradicional valdeorresa abría o programa do 1 de novembro

 

Primeiro foi en casa, no Centro Cultural Avenida da Rúa; despois na Radio Galega, no programa “Lume na palleira”; e agora na Televisión de Galicia. Ata o plató da TVG en Santiago de Compostela se desprazaba na xornada do 1 de novembro Abertal (banda de gaitas, pandereteiras, coro,…) para presentar o seu terceiro disco Co noso acento, un traballo editado para conmemorar o seu 30 aniversario que inclúe un libro coa historia a través de imaxes e documentos.

Pasadas as dez da noite, Abertal subíase ao escenario do “Luar” para interpretar Foliada de Cerdedo, unha das pezas que se poden atopar no disco, abrindo así o primeiro programa do mes. Trala actuación, o propio presentador, Xosé Ramón Gayoso, facía referencia ao libro-CD que sostiña nas súas mans, aproveitando a ocasión para saudar ás xentes de Valdeorras. Abertal aínda interpretaría outra peza, Foliada de Valdeorras (letra de Manuel Durán e música de Xaquín Xesteira de Treixadura).

 

O libro-CD de Abertal nas mans do presentador do Luar, Xosé Ramón Gayoso.

Artigos relacionados

Back to top button