CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Abertal actuará en Toral de los Vados o 26 de xullo

A agrupación de música e baile tradicional da Rúa participará no XIII Festival de Gaita
Algúns dos integrantes da agrupación Abertal, nunha actuación./ Foto: Carlos G. Hervella
Algúns dos integrantes da agrupación Abertal, nunha actuación./ Foto: Carlos G. Hervella

O vindeiro sábado 26 de xullo, a partires das 22h. terá lugar na avenida Santalla de Oscos de Toral de los Vados (León), a XIII edición do Festival de Gaitas organizado pola agrupación Mencía en colaboración co Concello.

Nesta ocasión os grupos participantes serán a Banda de Gaitas Mencía, o Grupo Folclórico Divino Salvador de Tebosa (Portugal) e a Agrupación de música e baile tradicional Abertal da Rúa. O director da agrupación ruesa adianta que para o festival están preparando un pouco de todo. “Non é a primeira vez que actuamos en Toral e nesta ocasión amosaremos todo o que temos (baile, pandeireta, acordeón, coro e gaita) pero de forma breve porque somos tres grupos e senón faríase demasiado longo” explica Manuel Durán.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close