A RúaConcellosEn portadaGalerías de fotosÚltima horaVídeos

Abertal celebra as Letras Galegas cunha alegre homenaxe a Florencio Delgado Gurriarán

O festival, celebrado na mañá deste domingo 15 de maio na praza do Concello da Rúa, incluíu música, baile e poesía

 

Abertal leva décadas defendendo como ninguén a cultura e a tradición galegas, por iso o Día das Letras Galegas ten un sentido especial para a agrupación ruesa, e moito máis neste 2022, sendo un veciño de Córgomo (Vilamartín de Valdeorras) o homenaxeado.

Por iso, dende a Asociación Cultural Abertal quixeron renderlle a súa particular homenaxe a Florencio Delgado Gurriarán, o poeta valdeorrés que despois de anos de reivindicación recibía por fin o recoñecemento da Real Academia Galega, facendo o que mellor se lles dá: bailando, tocando e cantando.

 

 

 

Así, pasadas as 12:30 horas deste domingo 15 de maio, dous días antes das Letras Galegas, comezaba na praza do Concello da Rúa un alegre festival no que os membros de Abertal, dende os máis pequeniños ata os maiores, foron intercalando retazos da vida e obra de Florencio (especialmente centrados nos anos da nenez e adolescencia, antes de marchar polo mundo adiante e nos seus poemarios Galicia Infinda e Bebedeira), con poemas do autor e as pezas cantadas e bailadas, incluíndo unha inédita no repertorio de Abetal, creado polo director da banda de gaitas, Óscar Guerra e inspirado en Bebedeira.

O acto, ao que asistía numeroso público, remataba coa  interpretación do Himno Galego.

 

 

 

Fotos: Mónica G. Bellver.
Vídeos: Mónica G. Bellver e cedido.

 

Artigos relacionados

Back to top button