CulturaGalerías de fotosMúsicaÚltima hora

Abertal celebra o fin de curso cun gran festival musical

O Centro Cultural Avenida da Rúa acollía o concerto da escola de música e baile tradicional

Pouco a pouco, co mes de xuño chegaban os finais de curso, e non só nos centros educativos. Como cada ano, dende hai máis de vintecinco, a escola de música e baile tradicional Abertal da Rúa, vén de clausurar o curso 2014/2015 cun gran festival musical.

Así, na tarde do sábado 20 de xuño, o Centro Cultural Avenida acollía a festa da “gran familia Abertal”. Dende os máis pequeniños, ata os maiores. En grupos de idades, os alumnos da escola que dirixe o gaiteiro Manolo Durán, foron subindo ao escenario para deleitar aos presentes coa súa arte. Houbo, voces, gaitas, pandeiretas e pandeiras, acordeóns e tamén baile.

Coma sempre, o broche a unha hora e media de actuacións poñíao a agrupación ao completo: banda de gaitas, coro e acordeóns interpretando “Xota das Neves”, “Chascarraschas” e “O galo”.

Fotos: Mónica G. Bellver
Máis información na vindeira edición en papel do Periódico O Sil.

Artigos relacionados

Back to top button